Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

domingo, 24 de marzo de 2019

Día da poesía

Para celebrar o día da poesía este ano acompañounos Estíbaliz Espinosa impartindo un obradoiro de poesía creativa.



As alumnas e os alumnos aprenderon as metáforas a través dos planetas e compuxeron poemas relacionados coa Vía Láctea, as estrelas e o universo, foi unha xornada moi divertida!

Deixamos unhas imaxes do alumnado durante o obradoiro.








xoves, 14 de marzo de 2019

8 de marzo, Día da muller!

O día 8 de marzo foi o Día da muller e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non quixemos pasar por alto esta conmemoración.
Ao longo de todo o mes, dende as titorías traballouse o recoñecemento e valoración da figura da muller en diversos ámbitos.

Ademais do traballo a nivel de aulas recibimos unha visita moi especial.
Anaír Rodriguez, a autora do libro "Pioneiras: galegas que abriron camiño" visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria.






Nesta visita puxo varios exemplos das desigualdades entre homes e mulleres que aínda existen hoxe en día na nosa sociedade. Explicounos as súas motivacións para escribir este libro tan necesario a día de hoxe e falounos de varias mulleres poñendo de relevancia os seus logros e éxitos.




Logo da exposición da autora realizouse unha charla-coloquio co alumnado sobre as mulleres que se traballan no libro, así como un debate sobre a necesidade deste tipo de libros que resalten os logros de diferentes mulleres.








domingo, 3 de marzo de 2019

O entroido xa está aquí!


Hola a todos e a todas, xa chega o entroido!! No cole xa nos estamos preparando para a súa chegada e xa temos listos os mandados do Meco deste ano!








O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria elaborou os mandados establecendo os accesorios para cada día, e así de guapo estaba "Manolo": o esquelete do cole!






Aproveitando o proxecto que se está realizando dende a biblioteca, relacionamos os mandados do Meco con diferentes cidades ou países do mundo!