O xoves 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, pero nós non fixemos ponte, viñemos a celebralo todos xuntos o venres!
Este ano, a conmemoración estivo dedicada a Maria Victoria Moreno, que a pesar de ser natural de Valencia de Alcántara (Cáceres), estivo sempre moi volcada coa promoción do galego. Foi profesora de ensino secundario en diferentes vilas de Galicia, e ademáis de novelas e contos, escribiu ensaios e colaborou en libros de texto.
Mar adiante (1973) foi a súa primeira obra en lingua galega.
Nun día coma este, quixemos celebrar un acto especial, no que inauguraríamos a aula de música co nome dunha ilustre escritora galega. Esta non podía ser outra que Rosalía de Castro, pois o día das Letras Galegas célebrase o 17 de maio porque un día coma ese no ano 1863 publicábase a coñecida obra desta autora, Cantares gallegos.
A continuación deixámosvos unha mostra acto que levamos a cabo, onde cada curso fixo a súa homenaxe á lingua galega, e onde se recordaron as figuras de Rosalía e María Victoria.
Pero a festa non rematou aquí, tamén poidemos gozar de música en directo da man do profesor Paco e o seu compañeiro Joaquín, que interpretaron entre outras, versións de poemas de Rosalía, con voz, guitarra e violoncello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario