Pouco a pouo o Nadal achégase. No noso cole temos as portas preparadas para recibilo.
No Concepción Arenal, mellor en galego!
Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.
mércores, 21 de decembro de 2022
venres, 11 de novembro de 2022
DÍA DO PEÓN
Como cada ano, o 11 de novembro celebramos o DÍA DO PEÓN.
Despois dunha semana de ensaios, hoxe durante o recreo tivemos unha competición de destrezas cos peóns e as buxainas.
Tanto o alumnado de infantil como o de primaria demostraron todas as súas destrezas no baile dos peóns, buxainas,...
Todas e todos son gañadoras e gañadores.
venres, 28 de outubro de 2022
AS NOSAS CABAZAS
O alumnado do CEIP Concepción Arenal, decoramos as nosas cabazas durante esta semana. Algunhas en casa e outras no colexio; logo espuxémolas polo centro.
venres, 21 de outubro de 2022
OBRADOIRO SAMAÍN
Esta semana o alumnado de 3º B, realizou un obradoiro de elaboración de disfraces de Samaín, que empregaran no pasarúas da vindeira semana.