Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

luns, 28 de maio de 2018

Máis barrio en feminino

Sorteando un pouco as condicións metereolóxicas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria, fixemos un roteiro onde nos levaron a diferentes puntos nos que as mulleres xogaron un papel fundamental na historia da nosa cidade. 



Iniciamos o roteiro no parque de Oza  e descubrimos o lugar onde estaba a antiga Casa Ferrant, un famoso pintor da cidade, que máis tarde se convertiu na primeira escola de nenas.

   
    Visitamos a praza de Elvira Bao, mestra republicana membro das Irmandades da Fala, represaliada e apartada do ensino durante a Guerra Civil. 


                                                              (Fonte:Cadena Ser)



   Estación do Norte. A raíña Isabel II puxo a primeira pedra desta estación no ano 1858, onde está situada a actual estación de Autobuses.


    A Rúa Río Monelos. Debaixo está canalizado o río monelos. Alí as lavandeiras,  lavaban a roupa das familias burguesas. No inverno, coas crecidas do río camiñaban entre a lama, e nós atravesamos a ponte imitando ás dificultades ás que elas se enfrontaban.




    Fábrica de tabacos. As mulleres da coruña traballaron nesta fábrica durante case douscentos anos.  . Na praza da palloza atopamos a escultura homenaxe ás cigarreiras, coa estatua da protagonista da novela de Emilia Pardo Bazán “La Tribuna”. 







e                                                                              (Fonte: Jubilada Jubilosa)



    As mulleres no mar: O muro e o porto. Nesta imaxe estamos tecendo redes contra os estereotipos de xénero.


luns, 21 de maio de 2018

Día das Letras Galegas

O xoves 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, pero nós non fixemos ponte, viñemos a celebralo todos xuntos o venres!

Este ano, a conmemoración estivo dedicada a Maria Victoria Moreno, que a pesar de ser natural de Valencia de Alcántara (Cáceres), estivo sempre moi volcada coa promoción do galego. Foi profesora de ensino secundario en diferentes vilas de Galicia, e ademáis de novelas e contos, escribiu ensaios e colaborou en libros de texto.

Mar adiante (1973) foi a súa primeira obra en lingua galega.


Nun día coma este, quixemos celebrar un acto especial, no que inauguraríamos a aula de música co nome dunha ilustre escritora galega. Esta non podía ser outra que Rosalía de Castro, pois o día das Letras Galegas célebrase o 17 de maio porque un día coma ese no ano 1863 publicábase a coñecida obra desta autora, Cantares gallegos.



A continuación deixámosvos unha mostra acto que levamos a cabo, onde cada curso fixo a súa homenaxe á lingua galega, e onde se recordaron as figuras de Rosalía e María Victoria.



Pero a festa non rematou aquí, tamén poidemos gozar de música en directo da man do profesor Paco e o seu compañeiro Joaquín, que interpretaron entre outras, versións de poemas de Rosalía, con voz, guitarra e violoncello.