Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

venres, 14 de febreiro de 2020

CHEGOU O ENTROIDO

curso 2019-2020


O entroido está a chegar a troula vai comezar e aquí van os mandados que o MECO quere ordenar.

LUNSSe Chantada vas percorrer e un volante queres ver, un sombreiro e unha flor terás que traer.

MARTESSe a Laza queres ir e coma un peliqueiro queres vestir, cunha gravata terás que vir.

MÉRCORESSe por Xinzo de Limia queres ir e coma unha pantalla te queres divertir un chal terás que lucir.

XOVESSe por Monte Alto vas pasear e coma un choqueiro queres andar, roupa moi grande terás que mostrar.

VENRESSe no Concepción Arenal do Entroido queres gozar disfrazado terás que estar.