Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

mércores, 21 de decembro de 2022

O NADAL

 Pouco a pouo o Nadal achégase. No noso cole temos as portas preparadas para recibilo.






venres, 11 de novembro de 2022

DÍA DO PEÓN

Como cada ano, o 11 de novembro celebramos o DÍA DO PEÓN.

Despois dunha semana de ensaios, hoxe durante o recreo tivemos unha competición de destrezas cos peóns e as buxainas.

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria demostraron todas as súas destrezas no baile dos peóns, buxainas,...

Todas e todos son gañadoras e gañadores.






venres, 21 de outubro de 2022

OBRADOIRO SAMAÍN

 Esta semana o alumnado de 3º B, realizou un obradoiro de elaboración de disfraces de Samaín, que empregaran no pasarúas da vindeira semana.













TERRORÍFICOS!!!!!

venres, 20 de maio de 2022

2º VENRES DA FALA

 Hoxe volvemos celebrar o 2º venres da fala.



Asemade durante a semana, estivemos de festexo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS




venres, 13 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1º VENRES DA FALA. 

Co agasallo do día das letras galegas o vindeiro 17, comezamos as celebracións có 1º VENRES DA FALA.

Enchemos os corredores do colexio con cartafaces en galego.








ASEMADE LEVAMOS EMBLEMAS QUE NOS LEMBRÉN QUE HOXE  FALAMOS GALEGO