Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

venres, 11 de novembro de 2022

DÍA DO PEÓN

Como cada ano, o 11 de novembro celebramos o DÍA DO PEÓN.

Despois dunha semana de ensaios, hoxe durante o recreo tivemos unha competición de destrezas cos peóns e as buxainas.

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria demostraron todas as súas destrezas no baile dos peóns, buxainas,...

Todas e todos son gañadoras e gañadores.






Ningún comentario:

Publicar un comentario