Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

martes, 20 de marzo de 2018

Rap en clave feminista

A visita de "El Cox"


Seguimos a realizar actividades arredor da celebración do día da muller, por iso a semana pasada, contamos coa colaboración de El Cox, un cantante de rap que amosou ao alumnado de 6º de Primaria unha forma diferente de plantexar este xénero musical moi relacionado coa crítica social, pero que neste caso estaba dirixido á divulgación da loita feminista, que persegue a igualdade entre homes e mulleres.






mércores, 14 de marzo de 2018

O barrio en feminino

O día 8 de marzo foi o Día da muller traballadora. Non quixemos pasar por alto esta conmemoración, por iso este mes adicámolo ao recoñecemento e valorización da figura feminina, a través de mulleres ilustres.
Pero, quen son esas mulleres ilustres?
Estes son só algúns exemplos, seguro que vós coñecedes moitos máis!

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria pescudaron sobre elas e foron de excursión ao Fórum Metropolitano, onde lles tiñan preparado un percorrido polas rúas da Coruña que levan os seus nomes.

Tamén nos visitou Lola, una traballadora da antiga fábrica de tabacos da Coruña.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa experiencia na fábrica, e sobre a situación das mulleres naquela época. Botade unha ollada ao vídeo da súa charla aos alumnos de 5º e 6º:





Benvidos e benvidas ao noso blogue!

Durante estes meses que levamos de curso fixemos unha morea de actividades, ollade!


Celebramos o Samaín co 1º Concurso de "Contos que meten medo"; a exposición de cabazas e a visita da Santa Compaña:

Xiramos e xiramos no Día do peón...
Fixemos un concurso de tarxetas de Nadal!





Celebramos o Entroido! Elaboramos carteis cos mandados do Meco que tiñamos que cumprir, e cada día desa semana, chegamos máis guapas e guapos que o anterior.


E a poetisa Estíbaliz Espinosa visitounos e recitou poesías con nós polo Día de Rosalía: