Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

luns, 4 de novembro de 2019

SAMAIN

O SAMAIN chegou o cole.
Durante esta semana no centro estivemos de celebración, e levamos a cabo varias actividades.
Primeiro comezamos coa decoración  dos corredores e as portas das aulas.

Logo as cabazas encheron os noso corredores e escaleiras de terroríficos coloridos.





O mércores a SANTA COMPAÑA, fixo acto de presenza no centro e visitou as aulas. QUE MEDO.







luns, 20 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

O mércores 22 celebramos o día das LETRAS GALEGAS no cole.

Para conmemorar este día tan importante en Galicia realizamos diferentes actividades.

Comezamos descubrindo a historia do homenaxeado deste ano: Antón Fraguas. Acudiu ao noso centro Pedro Brandariz para falarnos da historia de Antón Fraguas e contarnos a lenda do raposo.






O ano pasado aproveitamos este día para inaugurar unha aula con nome de muller, e nesta ocasión celebramos un acto para inaugurar a aula "Ángeles Alvariño" científica e oceanógrafa galega moi ligada ao mundo do mar. É por este motivo que a maioría dos poemas e cancións que recitaron os nosos alumnas e alumnos  están relacionados co mar.




Realizamos unha exposición de barquiños que conducían dende a entrada do cole ata a aula de informática que será a partir de agora a aula "Ángeles Alvariño"

Ademais o alumnado de sexto realizou dous cadros de Luis Seoane en conmemoración ao mar:"Mar bravo" e "Mar e rochas"

Neste acto o alumnado recitou poemas e cancións cunha temática mariña, as nosas presentadoras do acto leronnos as biografías dos homenaxeados deste día: Antón Fraguas e Ángeles Alvariño.

Deixámosvos un vídeo resumo das actuacións realizadas ese día.






Para finalizar os actos do día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de Educación Primaria realizaron dúas obras de teatro na nosa lingua.
Adxuntamos tamén o vídeo para que disfrutedes da súa actuación




O grilo

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.



E con esto concluímos a celebración deste día tan especial para a nosa comunidade.

domingo, 24 de marzo de 2019

Día da poesía

Para celebrar o día da poesía este ano acompañounos Estíbaliz Espinosa impartindo un obradoiro de poesía creativa.



As alumnas e os alumnos aprenderon as metáforas a través dos planetas e compuxeron poemas relacionados coa Vía Láctea, as estrelas e o universo, foi unha xornada moi divertida!

Deixamos unhas imaxes do alumnado durante o obradoiro.








xoves, 14 de marzo de 2019

8 de marzo, Día da muller!

O día 8 de marzo foi o Día da muller e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non quixemos pasar por alto esta conmemoración.
Ao longo de todo o mes, dende as titorías traballouse o recoñecemento e valoración da figura da muller en diversos ámbitos.

Ademais do traballo a nivel de aulas recibimos unha visita moi especial.
Anaír Rodriguez, a autora do libro "Pioneiras: galegas que abriron camiño" visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria.






Nesta visita puxo varios exemplos das desigualdades entre homes e mulleres que aínda existen hoxe en día na nosa sociedade. Explicounos as súas motivacións para escribir este libro tan necesario a día de hoxe e falounos de varias mulleres poñendo de relevancia os seus logros e éxitos.




Logo da exposición da autora realizouse unha charla-coloquio co alumnado sobre as mulleres que se traballan no libro, así como un debate sobre a necesidade deste tipo de libros que resalten os logros de diferentes mulleres.








domingo, 3 de marzo de 2019

O entroido xa está aquí!


Hola a todos e a todas, xa chega o entroido!! No cole xa nos estamos preparando para a súa chegada e xa temos listos os mandados do Meco deste ano!








O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria elaborou os mandados establecendo os accesorios para cada día, e así de guapo estaba "Manolo": o esquelete do cole!






Aproveitando o proxecto que se está realizando dende a biblioteca, relacionamos os mandados do Meco con diferentes cidades ou países do mundo!

mércores, 27 de febreiro de 2019

24 de febreiro, Día de Rosalía

O día 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro e no cole decidimos facer diversas actividades para conmemorar este día e a esta autora tan importante na historia de Galicia e da lingua galega.

Para conmemorar este día en primeiro lugar trouxemos ao cole unha gran variedade de libros de Rosalía para traballar con eles nas aulas.

Realizamos dentro das aulas recitais de poesía e lectura de diferentes fragmentos e, ademais, o alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria realizou un Recital de Poesía ao alumnado de Educación Infantil, para achegar a poesía desta autora aos máis pequenos do cole.

Por útltimo tamén decidimos elaborar uns marcapáxinas conmemorativos deste día. O alumnado escribiu neles algunha estrofa ou verso.