Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

luns, 12 de novembro de 2018

Polo San Martiño, peóns ao camiño!

O día 9 de novembro celebramos no cole o Día do Peón! .

Para celebrar este día realizamos un Concurso/exhibición de habilidades, onde o alumnado debía mostrar as súas técnicas e trucos co peón.


As nenas e nenos do noso cole xa son uns expertos nos xogos tradicionais grazas aos profes de Educación Física que os introducen nas súas clases.
Todos practicaron moito antes deste día!








Mostramos a continuación algunhas imaxes que nos deixou este día:

Os participantes do concurso practicando co peón
Parte do xurado observando as diferentes habilidades dos participantes

Algunhas profes tamén se animaron a intentalo!

Finalmente realizamos un lanzamento colectivo de peóns.


domingo, 11 de novembro de 2018

Estamos de volta! Celebramos o Samaín!


Moi boas a todos e a todas! 
Estamos de volta no blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega!

Durante este trimestre celebramos o Samaín.




Tratamos de achegar aos máis pequenos e 
pequenas as costumes e tradicións do pobo 
galego a través desta celebración de orixe celta. 

Os titores e titoras do centro traballaron 
con diversos tipos de textos a orixe desta 
festa así como as súas particularidades.






Gañadores e gañadoras do concurso


Xunto co Equipo de Biblioteca do noso cole 
organizamos un concurso de 
"Contos que meten medo" e a participación 
foi elevada!


Exposición de "Contos que meten medo" na biblioteca da Ratiña Conchita
















Ademais disto, tamén fixemos unha exposición de cabazas nas escaleiras do cole! Ollade para elas, algunhas son terroríficas!!





Pero isto non foi o único que fixemos! Tamén decoramos as portas das nosas aulas, e este foi o resultado:




Finalizamos a celebración do Samaín cunha visita moi especial por tódalas aulas: A SANTA COMPAÑA!!




luns, 28 de maio de 2018

Máis barrio en feminino

Sorteando un pouco as condicións metereolóxicas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria, fixemos un roteiro onde nos levaron a diferentes puntos nos que as mulleres xogaron un papel fundamental na historia da nosa cidade. 



Iniciamos o roteiro no parque de Oza  e descubrimos o lugar onde estaba a antiga Casa Ferrant, un famoso pintor da cidade, que máis tarde se convertiu na primeira escola de nenas.

   
    Visitamos a praza de Elvira Bao, mestra republicana membro das Irmandades da Fala, represaliada e apartada do ensino durante a Guerra Civil. 


                                                              (Fonte:Cadena Ser)



   Estación do Norte. A raíña Isabel II puxo a primeira pedra desta estación no ano 1858, onde está situada a actual estación de Autobuses.


    A Rúa Río Monelos. Debaixo está canalizado o río monelos. Alí as lavandeiras,  lavaban a roupa das familias burguesas. No inverno, coas crecidas do río camiñaban entre a lama, e nós atravesamos a ponte imitando ás dificultades ás que elas se enfrontaban.




    Fábrica de tabacos. As mulleres da coruña traballaron nesta fábrica durante case douscentos anos.  . Na praza da palloza atopamos a escultura homenaxe ás cigarreiras, coa estatua da protagonista da novela de Emilia Pardo Bazán “La Tribuna”. 







e                                                                              (Fonte: Jubilada Jubilosa)



    As mulleres no mar: O muro e o porto. Nesta imaxe estamos tecendo redes contra os estereotipos de xénero.


luns, 21 de maio de 2018

Día das Letras Galegas

O xoves 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, pero nós non fixemos ponte, viñemos a celebralo todos xuntos o venres!

Este ano, a conmemoración estivo dedicada a Maria Victoria Moreno, que a pesar de ser natural de Valencia de Alcántara (Cáceres), estivo sempre moi volcada coa promoción do galego. Foi profesora de ensino secundario en diferentes vilas de Galicia, e ademáis de novelas e contos, escribiu ensaios e colaborou en libros de texto.

Mar adiante (1973) foi a súa primeira obra en lingua galega.


Nun día coma este, quixemos celebrar un acto especial, no que inauguraríamos a aula de música co nome dunha ilustre escritora galega. Esta non podía ser outra que Rosalía de Castro, pois o día das Letras Galegas célebrase o 17 de maio porque un día coma ese no ano 1863 publicábase a coñecida obra desta autora, Cantares gallegos.



A continuación deixámosvos unha mostra acto que levamos a cabo, onde cada curso fixo a súa homenaxe á lingua galega, e onde se recordaron as figuras de Rosalía e María Victoria.



Pero a festa non rematou aquí, tamén poidemos gozar de música en directo da man do profesor Paco e o seu compañeiro Joaquín, que interpretaron entre outras, versións de poemas de Rosalía, con voz, guitarra e violoncello.






martes, 3 de abril de 2018

21 de marzo, Día da Poesía

Xa estamos de volta! Esperamos que durante esta semana de vacacións enchérades ben as pilas para comezar con forza a recta final do curso.

O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, e durante días estivemos preparando, creando e lendo poemas para podelos recitar diante dos nosos compañeiros. 

Así pasamos o día no cole:


Os alumnos de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria, fomos á biblioteca para poder presumir das nosas rimas nun ambiente máis literario. 












Os alumnos de 5º e 6º, como nos soubo a pouco, recibimos de novo a visita de Estíbaliz Espinosa, a cal recitou e escoitou os nosos poemas.


                                   



martes, 20 de marzo de 2018

Rap en clave feminista

A visita de "El Cox"


Seguimos a realizar actividades arredor da celebración do día da muller, por iso a semana pasada, contamos coa colaboración de El Cox, un cantante de rap que amosou ao alumnado de 6º de Primaria unha forma diferente de plantexar este xénero musical moi relacionado coa crítica social, pero que neste caso estaba dirixido á divulgación da loita feminista, que persegue a igualdade entre homes e mulleres.






mércores, 14 de marzo de 2018

O barrio en feminino

O día 8 de marzo foi o Día da muller traballadora. Non quixemos pasar por alto esta conmemoración, por iso este mes adicámolo ao recoñecemento e valorización da figura feminina, a través de mulleres ilustres.
Pero, quen son esas mulleres ilustres?
Estes son só algúns exemplos, seguro que vós coñecedes moitos máis!

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria pescudaron sobre elas e foron de excursión ao Fórum Metropolitano, onde lles tiñan preparado un percorrido polas rúas da Coruña que levan os seus nomes.

Tamén nos visitou Lola, una traballadora da antiga fábrica de tabacos da Coruña.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa experiencia na fábrica, e sobre a situación das mulleres naquela época. Botade unha ollada ao vídeo da súa charla aos alumnos de 5º e 6º:





Benvidos e benvidas ao noso blogue!

Durante estes meses que levamos de curso fixemos unha morea de actividades, ollade!


Celebramos o Samaín co 1º Concurso de "Contos que meten medo"; a exposición de cabazas e a visita da Santa Compaña:

Xiramos e xiramos no Día do peón...
Fixemos un concurso de tarxetas de Nadal!





Celebramos o Entroido! Elaboramos carteis cos mandados do Meco que tiñamos que cumprir, e cada día desa semana, chegamos máis guapas e guapos que o anterior.


E a poetisa Estíbaliz Espinosa visitounos e recitou poesías con nós polo Día de Rosalía: