Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

luns, 20 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

O mércores 22 celebramos o día das LETRAS GALEGAS no cole.

Para conmemorar este día tan importante en Galicia realizamos diferentes actividades.

Comezamos descubrindo a historia do homenaxeado deste ano: Antón Fraguas. Acudiu ao noso centro Pedro Brandariz para falarnos da historia de Antón Fraguas e contarnos a lenda do raposo.






O ano pasado aproveitamos este día para inaugurar unha aula con nome de muller, e nesta ocasión celebramos un acto para inaugurar a aula "Ángeles Alvariño" científica e oceanógrafa galega moi ligada ao mundo do mar. É por este motivo que a maioría dos poemas e cancións que recitaron os nosos alumnas e alumnos  están relacionados co mar.




Realizamos unha exposición de barquiños que conducían dende a entrada do cole ata a aula de informática que será a partir de agora a aula "Ángeles Alvariño"

Ademais o alumnado de sexto realizou dous cadros de Luis Seoane en conmemoración ao mar:"Mar bravo" e "Mar e rochas"

Neste acto o alumnado recitou poemas e cancións cunha temática mariña, as nosas presentadoras do acto leronnos as biografías dos homenaxeados deste día: Antón Fraguas e Ángeles Alvariño.

Deixámosvos un vídeo resumo das actuacións realizadas ese día.






Para finalizar os actos do día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de Educación Primaria realizaron dúas obras de teatro na nosa lingua.
Adxuntamos tamén o vídeo para que disfrutedes da súa actuación




O grilo

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.



E con esto concluímos a celebración deste día tan especial para a nosa comunidade.