Ao longo de todo o mes, dende as titorías traballouse o recoñecemento e valoración da figura da muller en diversos ámbitos.
Ademais do traballo a nivel de aulas recibimos unha visita moi especial.
Anaír Rodriguez, a autora do libro "Pioneiras: galegas que abriron camiño" visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria.
Nesta visita puxo varios exemplos das desigualdades entre homes e mulleres que aínda existen hoxe en día na nosa sociedade. Explicounos as súas motivacións para escribir este libro tan necesario a día de hoxe e falounos de varias mulleres poñendo de relevancia os seus logros e éxitos.
Logo da exposición da autora realizouse unha charla-coloquio co alumnado sobre as mulleres que se traballan no libro, así como un debate sobre a necesidade deste tipo de libros que resalten os logros de diferentes mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario