Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

venres, 25 de marzo de 2022

                         DÍA DA POESÍA

Esta semana conmemoramos o día da poesía. 
Enchímos os corredores de vasiños con poemas.




martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO 2022

                 8 DE MARZO DO 2022 











ENTROIDO 2022

 COMO CADA ANO O MECO NOS DEIXOU OS SEUS MANADADOS

LUNS: O LUNS TODOS TEMOS QUE VIR COS PÉS QUENTIÑOS E CON CADASEU CALCETÍN PERO POR RIBA DO PANTALÓN TERÁN QUE VIR E NON SE PODERÁN REPETIR.

MARTES:  MARTES CHOVA OU VENTE TRAERAS NO PESCOZO ALGO QUENTE.

MÉRCORES: SE O MÉRCORES QUERES GOZAR, COA ROUPA DALGÚN FAMILIAR TERÁS QUE CHEGAR.

XOVES: SE O XOVES AO COLEXIO QUERES VIR, UNS LENTES TERÁS QUE LUCIR.

VENRES: O VENRES TODOS XUNTOS A DISFRUTAR CO MOSO FAVORITO DISFRAZ, A TROULA COMEZAR NESTE ENTROIDO ESPECIAL.













martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL

 Hoxe tivemos a visita do APALPADOR.

 Veu para desexarnos a todas e todos unhas felices festas.






mércores, 1 de decembro de 2021

25 NOVEMBRO DO 2021

 O XOVES 25 DE NOVEMBRO, CELEBRAMOS NO COLE O DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. FIXEMOS CARTEIS PARA AS PORTAS E OS CORREDORES.



                                              


                                                                            

venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

 Este ano celebramos o Samaín no cole. 

Durante a derradeira semana do mes de outubro, decoramos cabazas, as portas das aula, os corredores,.... e rematamos con disfraces o venres.











venres, 14 de febreiro de 2020

CHEGOU O ENTROIDO

curso 2019-2020


O entroido está a chegar a troula vai comezar e aquí van os mandados que o MECO quere ordenar.

LUNSSe Chantada vas percorrer e un volante queres ver, un sombreiro e unha flor terás que traer.

MARTESSe a Laza queres ir e coma un peliqueiro queres vestir, cunha gravata terás que vir.

MÉRCORESSe por Xinzo de Limia queres ir e coma unha pantalla te queres divertir un chal terás que lucir.

XOVESSe por Monte Alto vas pasear e coma un choqueiro queres andar, roupa moi grande terás que mostrar.

VENRESSe no Concepción Arenal do Entroido queres gozar disfrazado terás que estar.