Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.
O SAMAIN chegou o cole. Durante esta semana no centro estivemos de celebración, e levamos a cabo varias actividades. Primeiro comezamos coa decoración dos corredores e as portas das aulas.
Logo as cabazas encheron os noso corredores e escaleiras de terroríficos coloridos.
O mércores a SANTA COMPAÑA, fixo acto de presenza no centro e visitou as aulas. QUE MEDO.
O mércores 22 celebramos o día das LETRAS GALEGAS no cole.
Para conmemorar este día tan importante en Galicia realizamos diferentes actividades.
Comezamos descubrindo a historia do homenaxeado deste ano: Antón Fraguas. Acudiu ao noso centro Pedro Brandariz para falarnos da historia de Antón Fraguas e contarnos a lenda do raposo.
O ano pasado aproveitamos este día para inaugurar unha aula con nome de muller, e nesta ocasión celebramos un acto para inaugurar a aula "Ángeles Alvariño" científica e oceanógrafa galega moi ligada ao mundo do mar. É por este motivo que a maioría dos poemas e cancións que recitaron os nosos alumnas e alumnos están relacionados co mar.
Realizamos unha exposición de barquiños que conducían dende a entrada do cole ata a aula de informática que será a partir de agora a aula "Ángeles Alvariño"
Ademais o alumnado de sexto realizou dous cadros de Luis Seoane en conmemoración ao mar:"Mar bravo" e "Mar e rochas"
Neste acto o alumnado recitou poemas e cancións cunha temática mariña, as nosas presentadoras do acto leronnos as biografías dos homenaxeados deste día: Antón Fraguas e Ángeles Alvariño.
Deixámosvos un vídeo resumo das actuacións realizadas ese día.
Para finalizar os actos do día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de Educación Primaria realizaron dúas obras de teatro na nosa lingua.
Adxuntamos tamén o vídeo para que disfrutedes da súa actuación
O grilo
O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
E con esto concluímos a celebración deste día tan especial para a nosa comunidade.
Para celebrar o día da poesía este ano acompañounos Estíbaliz Espinosa impartindo un obradoiro de poesía creativa.
As alumnas e os alumnos aprenderon as metáforas a través dos planetas e compuxeron poemas relacionados coa Vía Láctea, as estrelas e o universo, foi unha xornada moi divertida! Deixamos unhas imaxes do alumnado durante o obradoiro.