Equipo de Dinamización Lingüística do C.E.I.P Concepción Arenal de A Coruña. Buscamos impulsar o uso e valorización da lingua galega, así como dar a coñecer a tradición da nosa terra.

sábado, 16 de novembro de 2024

XORNADA NAS FRAGAS DO EUME

 O alumnado de sexto de Primaria do CEIP Concepción Arenal participou o día 15 de novembro no Programa de Educación Ambiental “Para unha Transición Ecolóxica”, promovido pola CEIDA. 

A visita realizouse ao parque natural das Fragas do Eume e a súa finalidade foi a de poñer en valor a importancia destes espazos naturais protexidos. Para logralo desenvolvéronse actividades que permiten as persoas participantes enmarcar a súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

O día 18 de outubro xa tiveran unha charla nas aulas do centro para preparar esta xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario